Xente de palabra arquivos - Xulio 2019

O deporte coruñés en forma

A Coruña está en forma grazas ás súas entidades deportivas, espazos de diversidade e de orgullo. A Marea colaborou con elas, tanto a través de subvencións como de programas para fomentar a inclusión a través da práctica deportiva ou o estilo de vida saudable. Tamén mellorou os equipamentos públicos, con mención especial ás cubertas do estadio de Riazor ou activou proxectos como o polideportivo do Castrillón que leva 20 anos sendo unha promesa incumprida.

A saúde do clima, a nosa saúde

A Marea Atlántica marcouse retos ambiciosos no ámbito do coidado do medio ambiente, a loita contra o cambio climático e o benestar animal. Plantáronse máis de 1.500 novas árbores. Recuperáronse espazos, como a lagoa de Eirís, e protexéronse outros, como a contorna da Torre e…

Voces novas, moito que dicir

A mocidade ten moito que dicir nas decisións que lle atinxen, ten dereito a expresar a súa opinión, a ser escoitada, a demostrar o seu talento e gozar das condicións necesarias para desenvolvelo. E a cidade precisa da súa creatividade, da súa mirada, da súa perspectiva, da súa fame de futuro.

Xestionar mellor é xestionar para a xente

Dicían que a Marea Atlántica non sabía xestionar, que a xente común non podía gobernar un concello como o da Coruña. A realidade é teimuda. Nos últimos catro anos, María Pita contou cunha xestión máis eficaz e, sobre todo, máis xusta. Unha xestión limpa e transparente que deixa atrás, por fin, a sombra da Pokémon e o endebedamento sen xeito. Abríronse as portas e as ventás e entrou a luz no pazo.

A Coruña derruba os teitos de cristal

Na Coruña de hoxe, os teitos de cristal comezan a crebarse e a loita contra as violencias machistas vai collendo corpo. Puxemos en marcha unha ordenanza municipal de igualdade, vestímonos de negro contra as violencias machistas e introducimos as paradas libres no bus urbano. Aquí non hai espazo para o odio nin para o medo.

Cultura libre e liberada

O Noroeste converteuse nun referente entre os festivais urbanos do Estado, cun cento de grupos tocando nas rúas, praza e praias durante unha semana, con ollada feminina e absoluto respecto polos dereitos laborais. É un exemplo da xestión cultural dos últimos catro anos.